lunes, 21 de noviembre de 2016

Un ano de récord para as enerxías limpas en todo o mundo

Artículo de El mundo

Esta é unha moi boa noticia, xa que a potenciación do uso de enerxías renovables e non contaminantes é extremadamente importante. Nun mundo coma o noso, no que a gran maioría da enerxía se obtén de fontes non renovables, existe un gran peligro: é inevitable que se rematen, e se cando o fagan non hai xa desenvoltas outras formas de obter enerxía, pasará un longo período de tempo durante o cal non haberá fontes de enerxía dispoñibles, o que impedirá o funcionamento de industria, calefacción e auga nas vivendas, electricidade, etc.

Ademais, incluso se o esgotamento das fontes de enerxía non renovables non fose tan inminente, deberiamos facer o posible por encontrar outras alternativas debido á enorme contaminación que producen e ao dano ocasionado, que xa é irreversible. Por ambas razóns, o futuro da enerxía reside claramente nas fontes de enerxía limpas, polo que os gobernos deberían intentar invertir nelas a maior cantidade de esforzo e diñeiro posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario