A materia escura é un dos
descubrimentos máis importantes da física do último texto e tamén probablemente
de toda a historia, xa que constitúe un 25% do universo. A persoa que a
descubriu é Vera Rubin, falecida recentemente, e que soou en moitas ocasións
como candidata ao Nobel pero nunca chegou a recibilo. Como o Nobel é un premio
que só pode outorgarse en vida, xa nunca o recibirá.
Pola
magnitude do seu descubrimento, este feito presentouse en moitas ocasións como
exemplo do machismo que existe nos premios Nobel en concreto e na maioría dos
galardóns en xeral. Moitas veces, preséntase como causa do baixo número de
mulleres gañandoras de premios Nobel a menor cantidade de mulleres que se
dedican á ciencia; pero neste caso vese como o problema non radica en que non
haxa mulleres ás que recoñecer, xa que podemos ver a unha muller que fixo un
descubrimento revolucionario, senón en que a pesar de que existen mulleres
exitosas ignóraseas á hora de outorgar os premios. Aínda que se espera que este
problema se vaia paliando lentamente nos próximos anos, debería reivindicarse e
protestarse para conseguir unha maior atención á labor feminina na ciencia, de
forma que o cambio se acelerase.