jueves, 30 de noviembre de 2017

Reunión en Vigo pola reciclaxe de augas negras 

Os integrantes do proxecto Run4life reuníronse en Vigo para avogar polo tratamentos das augas negras e a súa reutilización posterior. 
Considero que se trata dun proxecto con moito futuro, innovador, adiantado e potencialmente eficaz e útil, pois ofrece unha alternativa á simple depuración. O tratamento das augas negras permitirá paliar a situación de seca continuada, como a que estamos a vivir agora mesmo en Galicia, a través do reemprego deste ben naquelas tarefas ou usos nos que supoñería un desperdicio gastar auga completamente limpa e potable. Deste xeito, reducirase a cantidade de auga afectada pola actividade humana. Cabe destacar a importancia de que Galicia sexa anfitrioa deste congreso, mostra da consideración que se lle concede á nosa Comunidade no ámbito internacional. Nesta iniciativa colaboran expertos de distintos Estados da Unión Europea como España, Suecia, Alemaña etc, o que confirma o comprosimo e colaboración multilateral entre países na protección do planeta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario