sábado, 25 de noviembre de 2017

Científicos alertan do risco de sustancias canceríxenas na auga tras os incendios.


  As cinzas dos lumes conteñen hidrocarburos aromáticos policíclicos que poden producir enfermidades como o cancro e mutacións xenéticas, e poden contaminar a auga potable.

 Estes hidrocarburos prodúcense de xeito natural pola combustión incompleta de substancias como carbón ou petróleo, en grandes cantidades durante os incendios forestais (e logo son arrastrados cara os cursos  e masas de auga), ou tamén poden ser produtos industriais empregados na construcción, pesticidas e tinturas.

 A Sociedade Galega de Historia Natural destaca que nos sedimentos erosionados de zonas queimadas en Galicia téñense detectado niveis moi elevados de algúns elementos traza (nomeadamente zinc e manganeso) que poderían comprometer a potabilidade das augas.

 http://www.gciencia.com/ciencia/cientificos-alertan-risco-de-sustancias-cancerixenas-na-auga-tras-os-incendios/

No hay comentarios:

Publicar un comentario