sábado, 20 de mayo de 2017

Un imán capaz de albergar unha estrela


Este artigo fala da enerxía nuclear de fusión e do proxecto do reactor de fusión nuclear ITER, que vai estar formado por 18 imáns, dos cales só hai un construído.  O autor do artigo compara este reactor cun recipiente para unha estrela debido a que na fusión nuclear os núcleos deben estar en estado de plasma, igual que ocorre nas estrelas. Ademais, presenta a enerxía nuclear de fusión como unha das principais enerxías do futuro, xa que os combustibles fósiles están esgotándose e non somos capaces de aproveitar totalemente a enerxía solar. Aínda así, o optimismo do entusiasmo do autor sobre a enerxía de fusión podería ser esaxerado, xa que a construcción deste reactor aínda vai tardar moito en ser rematada, e os procesos de fusión nuclear van ser moi complicados a menos que se consiga facelos en frío, que aínda non se conseguiu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario