jueves, 29 de diciembre de 2016

Morre Vera Rubin, a muller que aportou a primeira proba da materia escura

Artículo de El País

A materia escura é un dos descubrimentos máis importantes da física do último texto e tamén probablemente de toda a historia, xa que constitúe un 25% do universo. A persoa que a descubriu é Vera Rubin, falecida recentemente, e que soou en moitas ocasións como candidata ao Nobel pero nunca chegou a recibilo. Como o Nobel é un premio que só pode outorgarse en vida, xa nunca o recibirá.

          Pola magnitude do seu descubrimento, este feito presentouse en moitas ocasións como exemplo do machismo que existe nos premios Nobel en concreto e na maioría dos galardóns en xeral. Moitas veces, preséntase como causa do baixo número de mulleres gañandoras de premios Nobel a menor cantidade de mulleres que se dedican á ciencia; pero neste caso vese como o problema non radica en que non haxa mulleres ás que recoñecer, xa que podemos ver a unha muller que fixo un descubrimento revolucionario, senón en que a pesar de que existen mulleres exitosas ignóraseas á hora de outorgar os premios. Aínda que se espera que este problema se vaia paliando lentamente nos próximos anos, debería reivindicarse e protestarse para conseguir unha maior atención á labor feminina na ciencia, de forma que o cambio se acelerase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario