sábado, 29 de octubre de 2016

Gran difusión internacional de un estudio científico poco riguroso

Artículo de El País

Durante os anos téñense visto moitos casos de manipulación de experimentos científicos para o proveito de determinados intereses. En ocasións, para manipular un resultado chega con darlle un enfoque engañoso; outras, o propio experimento está sesgado desde o principio, amañando o proceso para chegar a un determinado resultado. Tamén existiron moitos experimentos que foron tapados porque non conviña que se coñecesen os seus resultados.

É vergonzoso que se cometan estes actos, xa que por un lado é moi fácil que a poboación crea estas informacións fraudulentas, debido á gran credibilidade que se lle dá en xeral á ciencia; pero ademais porque esta credibilidade pode acabar por perderse se se repiten en moitas ocasións as mentiras.

Xa que na ciencia xeralmente as respostas son exactas e nunca subxectivas, debería traballarse para que non influísen nela ningún tipo de forzas externas de manipulación, de forma que a ciencia se mantivese como unha institución respetable, fiable e obxectiva, porque esta é a única forma de que realmente poida facer moitos beneficios polo mundo, o que é o seu único obxectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario