sábado, 21 de abril de 2018

FÁRMACOS CONTRA O CANCRO E A SIDA FEITOS EN SANTIAGO
 
Un conxunto de investigadores do CiMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) de Santiago de Compostela, en consorcio con outros grupos europeos e americanos, centra os seus estudos no emprego da nanotecnoloxía nos fármacos contra o cancro e as vacinas contra a SIDA. Os primeiros experimentos realizados en animais amosan uns resultados positivos, mais isto non garante o bo funcionamento en humanos. Tamén traballan sobre a posibilidade de utilizar este método contra enfermedades oculares, a diabetes ou a obesidade.
 
Baixo o meu punto de vista, é unha gran noticia que Galicia sexa participe nesta loita contra enfermidades tan graves como son o cancro e a SIDA, que cada ano arrebatan a vida a moitas persoas ou, no mellor dos casos, llela empeoran. Atendento especialmente ó cancro, alégrame moito o feito de que se estea máis preto de atopar unha solución mediante terapias menos invasivas que as actuáis (quimioterapia e radioterapia), incapaces de atacar só as células malignas e non perxudicar as sás.
Ademais, valoro moi positivamente que o CiMUS de Santiago traballe en colaboración con outros investigadores estranxeiros, demostrando que a nosa comunidade está presente nos círculos internacionais contribuíndo a todas as melloras que se están a realizar e achegando os avances que xurden como froito da dedicación e compromiso dos nosos científicos, ós que sen dúbida debemos admirar.


http://www.gciencia.com/premio-comunicacion-cientifica/contar-a-ciencia-5/farmacos-cancro-sida/

No hay comentarios:

Publicar un comentario