martes, 27 de febrero de 2018

Científicos de Santiago atopan novos datos sobre unha proteína clave na leucemia

Un equipo do CiMUS publica na revista 'Nature Genetics' un estudo que demostra por primeira vez a influencia da proteína TET2 na regulación do ARN, xa que ten moita influencia no control das células nai e inflúe na presenza duns elementos que poden conducir a graves patoloxías.
Os resultados deste estudo non só supoñen unha importante achega ao coñecemento científico dispoñible sobre a implicación de TET2 na regulación epixenética das células nai, senón tamén á investigación sobre o cancro, xa que ningún outro estudo contemplara ata hoxe a potencial acción reguladora desta proteína sobre o ARN.http://www.gciencia.com/saude/proteina-leucemia-cimus/

No hay comentarios:

Publicar un comentario