lunes, 29 de enero de 2018

A UDC no posto 87 na escala mundial das universidades máis comprometidas co medio ambiente


A clasificación 'Greenmetric', que avalía o grao de compromiso de todas as universidades do mundo co medio ambiente, sitúa a UDC (Universidade de A Coruña) no posto 87, a UVigo no 118 e a USC (Universidade de Santiago de Compostela) no 283; sendo os datos avaliados os do 2017 nun total de 619 institucións de 76 países. 
Na miña opinión, é resaltable que unha das nosas universidades lograse gañar un posto neste ránking das 100 primeiras, pois amosa o compromiso do aparello universitario e o sector estudiantil galegos co noso medio. Creo que sería unha gran noticia que dita implicación se espallase por toda a sociedade para poder así manter a integridade dos nosos espazos, ensinando a importancia de coidar o que a terra nos dá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario