miércoles, 27 de diciembre de 2017

O PRESIDENTE DO CÍRCULO ESCÉPTICO CRITICA O MOVEMENTO ANTIVACINAS
 
Vicente Prieto, o biólogo galego que preside o Círculo Escéptico, califica o movemento contra as vacinas de 'irresponsable e egoísta' na entrevista que lle concedeu a GCiencia.
A polémica xerada arredor deste tema nace da pregunta realizada pola eurodeputada galega Lidia Senra ante a Comisión Europea na que deixaba en entredito a seguridade das vacinas. Ante tales afirmacións, o presidente do Círculo remarcou que 'a medicina non cura todo, pero as pseudiciencias non curan nada'.
Na miña opinión, crear e apoiar correntes que teñan como propósito opoñerse ás vacinas é un acto que mostra a ignorancia no relativo á medicina. A estas alturas, está máis que demostrado que as vacinas non son nocivas, senón todo o contrario: cada ano salvan miles de vidas. As distintas reticencias que se manifestan hacia elas son infundadas e antes de emitir un xuízo de valor acerca delas, cómpre estar informado por unha persoa experta e non fiarse de fontes sospeitosas que só busquen un beneficio propio.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario