viernes, 27 de enero de 2017

Razóns científicas para ler máis do que lemos

Actualmente, as cifras de lectores non deixan de baixar. A lectura está considerada pola maioría da poboación como aburrida ou como unha perda de tempo. Estas ideas están tan arraigadas que faría falta un gran cambio de mentalidade para que desaparecesen e deixásemos de escoitar ano tras ano noticias sobre os descensos nas ventas de libros ou no número de persoas que leron máis dun libro nun ano.

Por todas estas razóns debería falarse con máis frecuencia dos beneficios da lectura no desenvolvemento do cerebro, mellorando non só as habilidades relacionadas coa comprensión lectora senón todas as habilidades cerebrais, incluíndo o razonamento en todos os campos ou a memoria. Así, a promoción da lectura é extremadamente importante, xa que esta é unha das actividades máis beneficiosas que se poden levar a cabo, aportando beneficios á saúde mental ademais de ser entretenida e enriquecedora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario