sábado, 5 de mayo de 2018

ARREDOR DE MIL RAPACES GALEGOS PRESENTAMOS OS NOSOS ROBOTS NA ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL DA UVIGO
 
O pasado venres 183 equipos tomaron parte na cuarta edición da  Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da UVigo. O certame contemplaba dúas categorías distintas: Wall-E (orientada a estudantes de ESO e BAC) e R2D2 (destinada a concursantes de ciclos superiores e estudos universitarios).
A UVigo convoca este concurso coa finalidade de fomentar o interese polo eido tecnolóxico , e sobre todo pola enxeñería, nos rapaces novos, pois deben ser eles os que programen, deseñen e proben os seus robots.
 
Entre os 174 equipos involucrados na competición, 5 pertencían ó noso centro (tres de 2º da ESO e dous de 3º) e eu tiven a sorte de formar parte dun deles, Amolou 5; por iso poido achegar unha opinión nacida da experiencia que vivín.
Baixo o meu punto de vista, o concurso conta cunha boa teoría, é dicir, a súa finalidade e forma de enfocar a robótica como unha acitividade lúdica ó mesmo tempo que educativa está ben plantexada. Porén, resalto como punto negativo ter observado un chisco de desorganización, que tamén resulta comprensible se contamos que eramos moitos alumnos os que participabamos no certame, que espero se vaia corrixindo nas sucesivas convocatorias que se realizarán.
Por riba de todo, véxome obrigada a dicir que foi unha xornada divertida onde todos tivemos a oportunidade de dar o mellor de nós, demostrando o traballo, a dedicación, o compromiso e o talento que levabamos detrás. Ademais, todo isto viuse recompensado co galardón que recibimos, o cal premia a nosa orixinalidade na decoración dos robots. Concretamente dentro desta disciplina destacaron os nosos compañeiros do grupo Amolou 4 co seu deseño do robot tartaruga.
 
Se queredes saber algo máis, premade na ligazón. Na noticia atopareces un resumo máis detallado da xornada, así como as declaracións que realizamos os do meu grupo ou unha foto na que poderedes atopar algúns dos nosos compañeiros. Anímovos a buscalos!
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario