sábado, 31 de marzo de 2018

ALUMNOS VIGUESES REPRESENTAN A ESPAÑA NA EXPO–SCIENCE EUROPE

Catro alumnos do Colexio Montecastelo de Vigo saíron vencedores na Exporecerca 2018 en Cataluña, tras   gañaren tamén Galiciencia 2017. O seu proxecto consiste nun dispositivo salvavidas de golfiños que ademais serve para facer  un seguimento das súas rutas.
Por outra banda, resultan resaltables outros dous traballos: Baby safety de Iria Ollero e o invernadoiro con rego de agua mariña realizado por Laura Costas e Inés Castro.

Baixo o meu punto de vista, é unha gran nova que os rapaces galegos representemos o noso país internacionalmente, demostrando deste xeito o potencial científico existente na nosa terra, así como a capacidade imaxinativa presente á hora de propoñer e desenvolver proxectos. Engado tamén a miña satisfacción por ver que a igualdade no campo científico cada vez é maior, pois como refiro anteriormente, dous dos proxectos máis recoñecidos foron feitos por rapazas.
http://www.gciencia.com/ciencia/galiciencia-representa-a-espana/


No hay comentarios:

Publicar un comentario