viernes, 27 de octubre de 2017


ADEGA RECLAMA AXUDAS PARA A FAUNA TRAS OS LUMES

http://www.gciencia.com/medioambiental/adega-pide-alimente-fauna-salvaxe-suspenda-caza/
A organización ecoloxista Adega reclama a declaración de zona catastrófica nos espazos queimados, demandando protección e medios que aseguren a supervivencia dos animais que se viron afectados polos lumes que arrasaron Galicia na última semana, así como a supresión da caza. Manifestaron a súa petición a través dunha nota de prensa.
Na miña opinión, esta medida é moi axeitada, pois os incendios xa enguliron gran cantidade de fauna e flora. Por iso, penso que é necesario contribuír activamente á recuperación. Creo que debemos asistir aos animais para manter o posto que ocupan as especies zoolóxicas autóctonas no medio como elementos esenciais na conservación do ecosistema galego. E, ao mesmo tempo, evitar que sexan remprazadas por especies foráneas con maior resistencia e capacidade de adaptación. Considerando como un deber ético o auxilio a criaturas indefensas que sofren as consecuencias da acción unicamente antrópica. Por outra banda, vexo na caza unha actividade execrable que só pode ser lexitimada no caso específico de que o home teña que intervir para reducir o número de exemplares dunha especie garantindo o equilibrio ecosistémico ou a convivencia entre a vida salvaxe e o ser humano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario